EGAP – PLAN DE FORMACIÓN DE 2012 (20/12/2011)
Resolución do 12 de decembro de 2011pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán participarnas accións formativas os/as empregados/as públicos/as destinados/as na Administración pública da C.A. de Galicia que se atopan en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral
O número máximo de cursos que se poden solicitar é de cinco.
As solicitudes pódense cubrir no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matricula
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 16 de decembro ás 14.00 h e rematará o 3 de xaneiro de 2012 as 14.00 h.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través do número de tel.: 981 546 246 / 257, ou fax: 981 546 339 ou enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.