Skip to Content

OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO DA ADMINISTRACIÓN ESTATAL (20/12/2011)

OFERTAS
AXENCIA ESTATAL DO CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS - CSIC
Convocatoria de procesos selectivos para cubrir 63 prazas das escala de titulados superiores especializados do CSIF (Cód. 5405) que de seguido se enumeran, polo sistema xeral de acceso libre, mediante el sistema de concurso - oposición no marco da substitución do emprego temporal por emprego fixo.
Prazo: 20 días naturais contados desde o día seguinte da publicación desta convocatoria no BOE.
As solicitudes para participar nestas probas selectivas facilitaranse na web www.060.es co código de solicitude 790.
ESPECIALIDADES E NÚMERO DE PRAZAS:
  • Humanidades e ciencias sociais (2)
  • Ciencias agrarias (3)
  • Bioloxía de organismos e sistemas (3)
  • Ciencia e tecnoloxías físicas, químicas e de materiais (15)
  • Deseño e instrumentación en microelectrónica (6)
  • Bioloxía e biomedicina (24)
  • Ciencias mariñas (8)
  • Ciencias da terra (1)
  • Xestión de aspectos legais de proxectos europeos (1)

 
Ministerio de Fomento – Autoridade Portuaria da Coruña – BOP da Coruña do 14 de decembro, páx. 9
Convocatoria pública dunha praza de persoal laboral fixo de policía portuario, grupo III, banda II, nivel 7 polo sistema de concurso de méritos - oposición.
Os modelos de solicitude para participar no proceso, así como as Bases da convocatoria, atópanse na páxina web www.puertocoruna.com
Prazo: 20 días naturais contados desde o día seguinte desta publicación desta convocatoria no BOP.